Monday 29 de April de 2024

Cociña, manualidades, cestería, risoterapia e baile, as propostas do Concello para as súas tardes creativas


• As cinco actividades arrincan a partir do próximo luns con 18 sesións totais á semana en varias parroquias

Cociña, manualidades, cestería, risoterapia e baile. Son as propostas do Concello de Ortigueira para as súas ‘Tardes Creativas e Coidados de Saúde’. As actividades arrincarán a partir do próximo luns, 15 de abril, con 18 sesións totais á semana en varias parroquias.

Unha vez finalizado o proceso de inscrición, a área de Servizos Sociais concretou ata cinco localizacións de diferentes parroquias nalgúns dos talleres ofrecidos. É o caso do Taller de Cociña, que se celebrará os luns en Couzadoiro (16:00 a 17:30 horas), Espasante A Basteira (de 18:15 a 19:45) e Ermo (20:05 a 21:35) e os xoves en San Adrián (16:30 a 18:00) e Ortigueira (18:30 a 20:00 horas).
Esta actividade culinaria é a única cuxa data de inicio está pendente de confirmación. Non é o caso do Baile, que contará con catro sesións diferentes en tres lugares. Os martes celebrarase en Ortigueira de 18:30 a 19:30 horas. Os xoves, Ortigueira repetirá de 20:10 a 21:10, na que será a terceira sesión do día tras pasar por Loiba (17:00 a 18:00) e Tiroteo (18:30 a 19:30 horas).

O Taller de Cestería será o primeiro en comezar. Farao leste mesmo luns e manterase este primeiro día da semana como data fixa en tres localizacións: Tiroteo (de 16:00 a 17:30), Ortigueira 1 (de 18:00 a 19:30) e Ortigueira 2 (de 20:00 a 21:30 horas).

Para os mércores, xoves e venres quedan as Manualidades, en catro quendas. Os mércores acollerano Couzadoiro (de 16:00 a 17:30 horas) e Ermo (de 18:30 a 20:00 horas). Os xoves, Ortigueira (de 16:00 a 17:30 horas). E os venres, desde as 15:30 e ata as 17:00 horas, Mera de Abaixo.
Por último, o Taller de Risoterapia, reservado para os venres. O Centro de Participación Social de San Roque, en Ortigueira, acollerá a primeira sesión e única de toda a oferta en horario matinal: de 10:30 a 11:30 horas. Mera de Abaixo, as tarde de 18:45 a 19:45 será a parroquia sede da segunda quenda.